A colección de marcapáxinas de David López pode verse na biblioteca da Rúa

somoscomarca_240309_davidlopez_coleccionmarcapaginas
Son máis de trescentos os marcapáxinas reunidos por este coleccionista da Rúa, en menos de dous anos. Nesta exposicións amosa 200 deles

De todos é coñecido que a David López Nogueira lle gustan as coleccións e tamén amosalas. Durante este mes de marzo os seus marcapáxinas poderán verse na casa da Cultura, concretamente na Biblioteca Municipal da Rúa.

David comezou hai 2 anos e xa ten 347 marcapáxinas  dos cales 200 están na biblioteca. De concellos e deputacións, de Andalucía, de Extremadura e doutros lugares son estes cachiños de cartulina que teñen cores vistosos e formas diversas.

Esta non é a única colección das que ten David e que se amosa na casa da cultura. O Pasado mes de febreiro foron as láminas de Castelao e «se quere o Concello e a encargada da biblioteca cada mes podemos ter unha», di.

Explica David, durante a conversa que tamen os ten «repes» e está disposto a «cambialos», así que se ti tamén coleccionas marcapáxinas non dubides en achegarte ata a biblioteca e intercambialos.

A exposición estará aberta desde o luns  pola tarde até os venres , iso si en horario de biblioteca.