viernes. 29.03.2024

O deputado do Grupo Popular, Moisés Blanco, e o senador e portavoz do PP en A Rúa, Avelino García, reuníronse esta mañá cos responsables da empresa PMJ para coñecer o proxecto Unicornio Piel, que suporá un avance na mellora da calidade do proceso de trazabilidade do coiro.

O proxecto Unicornio Piel é unha iniciativa pioneira resultado de cinco ano de traballo realizado dentro da empresa PMJ. Trátase dun sistema baseado na utilización de novas tecnoloxías para darlle un enfoque totalmente distinto aos protocolos de traballo co coiro, conseguindo deste xeito dar resposta ás necesidades actuais.

O deputado Moisés Blanco comprometeuse a facer as xestións oportunas para dar a coñecer este proxecto innovador, especialmente perante os responsables da Consellería do Medio Rural.

Blanco e Ferradal reúnense con responsables da empresa PMJ para coñecer o proxecto...