As VIII Xornadas de Teatro en A Rúa, a prol da beneficiencia
O grupo de teatro amateur A Ruada, organiza, en colaboración co Concello de A Rúa, a oitava edición das Xornadas de Teatro da localidade.
Arrancarán o vindeiro día 22 de abril co grupo de San Clodio (Lugo), Augas do Sil, que coa obra "O Menciñeiro" dará por inaugurada esta nova edición.
As sete obras que conforman estas xornadas teatrais en A Rúa serán representadas no Centro Cultural Avenida e na Casa da Cultura da localidade os sábados en horario fixo as 18:00 horas.
Dende a organización, Moncho Díaz explica que con estas xornadas "pretendemos hacer algo novedoso que fomente la cultura del teatro y estamos muy contentos con la respuesta del público en pasadas ediciones".
Malia que nalgúns carteis aparece no programa a obra "Consultorio Médico", dun grupo vilamartinés, finalmente esta función tivo que ser cancelada por motivos alleos á organización.
As representacións continuarán o sábado 29 de abril, coa quenda do grupo Ambi, de Ponferrada, que presentará "Vivan los novios".
A función do luns 1 de maio, día do traballador, será unha representación especial, xa que terá carácter benéfico a favor da Asociación Española Contra o Cancro. Será o grupo portugués Tef Chaves o encargado de levar a cabo esta obra benéfica coa representación de "Bailando Russo", para recadar fondos que serán doados a AECC Valdeorras. Ese mesmo día haberá tamén unha actuación musical do grupo de música tradicional Abertal.
O 20 de maio será o propio grupo teatral A Ruada quen amenizará a tarde coa obra "O Velatorio", mentres que o sábado 27 serán Aneis, de Xinzo de Limia os encargados do espectáculo coa función "Malos Tempos". O 3 de xuño o grupo Cadea, de Viana, presentará "Almas Sinxelas".
A agrupación Prodeme, de Monforte, será o responsable do peche desta oitava edición das Xornadas de Teatro de A Rúa coa representación de "Diñeiro B", que o día 10 de xuño poñerá a guinda a estas xornadas culturais dirixidas a todo tipo de público, dende os máis cativos ata os máis maiores.