viernes. 29.03.2024

Un grupo de 18 alumnos do IES Cosme López da Rúa está a recorrer terras lisboetas para empaparse da súa cultura e do seu feitizo

Os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Cosme López da Rúa, están a realizar unha viaxe cultural a Lisboa que comezou o pasado mércores 29 de marzo e rematará mañá sábado. Catro días para coñecer e descubrir a belísima capital portuguesa e os seus arredores.

Alumnos do Ies Cosme López ca ponte de Vasco de Gama e Lisboa de Fondo

Nos pasados días xa visitaron o Parque das Naçoes, remodelado totalmente para a Exposición Mundial de 1998, un espazo onde conviven as áreas e residenciais máis modernas de Lisboa. Estando neste lugar, imprescindible achegarse ó acuario máis grande do mundo, o Oceanário de Lisboa, impresionante lugar onde habitan máis de 8.000 especies do hábitat do Atlántico Norte, o Antártico, Pacífico Templado e o Índico Tropical. Logo de ver o Oceanário fixeron un percorrido pola costa de Lisboa, ata Sintra, onde coñeceron o  Palacio de Pena e o Palacio Nacional.



Non faltou unha visita panorámica da cidade, antes de visitar o Mosteiro dos Jerónimos a Torre de Belén, a Catedral e o Castelo de San Jorge, así como pasear polos seus lugares máis emblemáticos: o Mirador de Santa Lucía, a praza do Rossio, o barrio de Chiado, a cafetería de Pessoa ou a praza do Comercio, entre outros.

Na praza do Comercio diante do pé da estatua ecuestre de José I

Á  volta, parada en Coimbra para desfrutar da cidade e visitar a súa universidade, a máis antigua de Portugal, e unha de las universidades en funcionamento más antiga del mundo. O seu campus histórico é Patrimonio de la Humanidade.

O grupo conta para esta actividade extraescolar con tres profesores, Víctor Porto, Lucas Fernández e María Núñez, e con unha guía que o acompaña para coñecer os lugares máis representativos de Lisboa e da súa costa.

A viaxe cultural de fin de curso levou ao alumnado do instituto da Rúa até Lisboa