sábado. 20.04.2024

En torno as 21:30 horas, do sábado 8 de setembro, unha tormenta provocaba inundacións en rúas, baixos e adegas na vila da Rúa. Os bombeiros do Consorcio Provincial de Ourense tiveron que saír polo menos en cinco ocasións.

As zonas máis afectadas foron as rúas polas que no seu tempo foron couce de arroios ou están preto deles.

Así, o paso por debaixo da ponte da Noria ou o subterráneo preto das oficinas de correos, que une a rúa Lagoa e O Aguillón, quedaron inundados e cortando o paso a zona recreativa.

Tamén fronte as piscinas a balsa de auga superou os 15 centímetros pasando por riba dos bordos das beirarrúas.

Outra das zoas prexudicadas foi o barrio de Fátima —Casas Baratas—, onde a auga arroiou deixando a rúa Progreso —OU-533— chea de pedras e lama.

Na Rúa Vella, no barrio de San Roque, en concreto en Fondareas, tamén sufriron a desfeita producida pola auga. O pasado ano as primeiras casas e adegas desta rúa tiveran xa problemas, e pese a facer varios arranxos cando cae tanta auga en tan pouco tempo non e posible achicala a tempo. O alcalde da Rúa, Luís Gudiña informaba dos estragos causados pola auga, en canto a de Fondareas subliñou, «fixemos varias actuacións, tales como o ensanche das reixas, por unha rexa máis grande ao comezo da rúa ou acondicionar  unha zona máis arriba para evitar os arrastres. Pero cando cae tanta auga en tan pouco tempo non hai maneira».

O aparato eléctrico tamén foi considerable e rexistráronse no val máis de 500 raios entre as 20:00 horas e as 22:00, tal como se ve no mapa de MeteoGalicia. Para hoxe segundo a axencia meteorolóxica «Agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o domingo pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que ascenderán lixeiramente»

A tormenta provocou importantes inundacións na Rúa