A Rúa xa ten a listaxe de admitidos para optar á praza de auxiliar administrativo

Nos vindeiros días sairá no Boletín Oficial da Provincia o listado de admitidos para optar á praza de auxiliar administrativo do Concello de A Rúa.

O proceso retrasouse debido que A Rúa tivo que reclamar documentación que faltaba aos candidatos á praza. “Xa remitimos ao Boletín a listaxe de admitidos a semana pasada, polo que nos vindeiros días sairá publicado no BOP”, explicou a alcaldesa de A Rúa, María González Albert.

Unha vez se coñezan os admitidos comezará o proceso de selección. A primeira proba será a de dominio da lingua galega, para todos aqueles que non teña presentada a certificación do CELGA 3, que é o nivel mínimo esixido nas bases da convocatoria.  “Son poucos os que terán que presentarse a esta proba, xa que só seis ou sete persoas non presentaron o certificado de nivel”.

Agora os candidatos están a espera de que nos próximos días saian publicadas as listas de admitidos, tanto no Boletín Oficial da Provincia como no taboleiro de anuncios do Concello de A Rúa.