viernes. 29.03.2024

Unha distribución máis axeitada da auga de consumo, a adquisición dun novo proxector de cine e a remodelación da rúa principal que atravesa o pobo, son os tres proxectos que o alcalde de A Rúa, Luis Fernandez Gudiña, ten en mente sacar adiante no novo ano 2018. Tras un ano “do que podemos facer un balance positivo no sentido de que se sacaron adiante inicativas que tiñamos pendientes”, virá un 2018 para o que “temos moitos proxectos enriba da mesa que esperemos ir sacando pouco a pouco”, explica o primeiro edil.

O primeiro deles, ao que se refire o alcalde, é o de “bonificar todos os depósitos para poder facer una distribución moito máis axeitada da auga de consumo”, acorde ás necesidades que poidan ter os veciños de A Rúa. E a esto engade, a necesidade de continuar “coas medidas que ao longo do verán permitíronnos que agora no outono, non houbera problemas de abastecemento”.

O segundo proxecto do que fala Gudiña, é o da adquisición dun novo proxector de cine, feito que considera importante para o mundo da cultura local. “Os pasos para adquirilo están dados, agora estamos esperando esa axuda de Cultura para acollernos a ela e retomar así o compromiso que o presidente da Deputación adquiriu na última entrevista que mantuvemos”. Desta forma, entre as Administracións local, provincial e rexional, “poidamos conquerir o presuposto necesario para mercalo no primeiro trimestre do ano previsiblemente”.

Apunta Gudiña como terceiro propósito para o 2018, a necesidade de remodelación dalgunhas zonas de A Rúa, coma por exemplo a rúa principal que atravesa o pobo. Considera o alcalde que as obras se acometerán “polo seu estado de perigosidade, pola seguridade vial de coches e peatones”.

Coa fin de levar a cabo todos estes proxectos, o Concello terá que acudir a entidades supramunicipales para acadar os cartos necesarios que os poidan poñer en marcha. Desto é consciente Gudiña cando explica que “mantuvemos reunións con case todas as Administracións, excepto con Sanidade”. Promete o alcalde “seguir insistindo” para conseguir esa entrevista e así “poder expoñer as nosas propostas en relación co Centro de Saúde da vila”.

Así e todo o Concello, xa pensa en sacar os presupostos do novo ano “ao longo do primeiro trimestre”, tan pronto coma poidan facerse cun novo secretario que lles axude a sacar adiante a liquidación do 2017.

O pasado día 24 de xuño, chegaba o relevo á alcaldía de A Rúa. Dende entón, os socialistas, con Gudiña ao fronte, comezaban a súa labor “dentro dese proxecto global de lexislatura, onde a única diferencia no goberno son os responsables que toman relevo, porque sempre seguimos as liñas marcadas”.

A Rúa quere solventar os problemas da auga no 2018