A Rúa pide á Xunta que tome medidas para frear ó xabarín

A Rúa instará á Xunta de Galicia a adoptar medidas para frear o incremento da poboación do xabarín e con elo frear tamén os danos causados por esta especie. Así o decidía a corporación no pleno celebrado o pasado luns día 5 de novembro, e a través dunha proposta presentada polo grupo do Bloque Nacionalista Galego. «O que pedimos nesa moción é realizar un censo da poboación do xabarín, a súa distribución por comarcas, e poñer en marcha un plan de xestión do xabarín para estabilizar a poboación e limitar os seus danos tanto na agricultura, como na gandería, como na circulación», explicou o alcalde da Rúa, Luís Fernández Gudiña.

Facía fincapé o rexedor no feito de que «esta problemática ten unha especial incidencia no concello da Rúa porque estamos a sufrir a presenza deste animal en zonas que son de cultivo e que xeneran moitos danos aos veciños». É por iso que o alcalde xa solicitou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil a limpeza da maleza «da parte final do embalse de San Martiño, na zona da Lagoa, onde sole ir o xabaril a refuxiarse, porque hai moita maleza e é dificil entrar».

O BNG acadaba a unanimidade para a aprobación desta moción, ao igual que para a outra moción presentada, sobre erradicación da violencia machista, coincidindo coa data do 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A concelleira e tenente alcaldesa da Rúa, María G. Albert explicou que son 43 as mulleres asasinadas en toda España, ademáis das que non aparecen nas estatísticas, o que supón «un grave problema». Reclamou, facéndose eco do seu partido, unha unidade específica sobre violencia de xénero, ao que o edil do PP, Avelino García Ferradal, suxeriu un punto máis, consistente na creación dunha comisión informativa municipal, e así era finalmente aprobada con tódolos votos.

Non aconteceu o mesmo coa proposta presentada polo PSOE no pleno, en relación á solicitude de reducción da tarifa eléctrica. O grupo de goberno utilizaba o voto de calidade do alcalde para aprobala porque ao pleno non asistía un dos concelleiros do BNG, grupo co que comparten goberno os socialistas. A moción versaba sobre «a petición de reducción do imposto do valor engadido sobre a electricidade, para que pase do 21% ao 4% na comunidade», e que se permita a regulación dunha tarifa eléctrica galega «para que nos podamos beneficiar da condición de productores, porque somos generadores de electricidade pero non recibimos beneficio por elo».

O grupo municipal do PP votaba en contra da moción e o seu argumentario non era exposto na sesión plenaria. «Sempre se queixan de que traemos a pleno moitas mocións xenéricas e agora o pleno enteiro versa sobre este tipo de mocións; optei por deixar o argumentario ao secretario e non leelo senón alongamos os plenos falando de cousas xenéricas», explicou García Ferradal.