O Concello da Rúa planifica o seu Entroido

O Concello da Rúa planifica o seu Entroido
Este ano poderase gozar de novas actividades e un novo festivo

«Non da tempo de respirar este ano», dicía entre risas María Albert, alcaldesa da Rúa. Dío a causa de que segundo se remata todo o trafego do Nadal, comeza o do Entroido. Un non parar de facer actividades. 

No Concello traen unha novidade este ano, que poderá facer que a xente goce inda máis, «vai ser festivo local o martes 13, entón a intención e que o programa de actividades reflicta esa data festiva», explica a alcaldesa. 

A festa infantil, que habitualmente se fai na Casa da Cultura, «vamos instalar unha carpa climatizada na zona da Estación de Autobuses e facer esa festa aí», explica. Pero aquí non queda todo, tamén se están ultimando os detalles para «facer unha cea de Entroido o luns nesa carpa», engade.