viernes. 19.04.2024

A cultura, e máis concretamente, a literatura galega, é a protagonista do programa de Nadal elaborado este ano polo equipo de goberno de A Rúa. E o Centro Cultural Avenida, o lugar de referencia que albergará todas as actividades coas que darán comezo ás festas. De entre elas, destaca a inauguración da exposición As letras de Florencio, as 20:00h do día 16 de decembro, sumándose así  á  campaña organizada na comarca que quere conseguir  un Día das Letras Galegas adicado ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

A esta reivindicación cultural e popular únense no Nadal rués, as representacións teatrais. O 17 de decembro ás 18:00h, o grupo de teatro Ruada subirase de novo as táboas do Avenida para representar a obra Unha de Romanos. E máis teatro haberá o día 22 para os máis pequenos, coa representación da obra Cincenta ás 18:00h.

Xusto antes do día de Noiteboa, o 23 de decembro, abrirá as súas portas, ás 11:00h, o Mercadiño de Nadal desta vila, no que poder comprar todo tipo de obxetos decorativos e comestíbeis propios destas datas. E o programa de festas tamén inclúe citas ineludíbeis, como a Carreira de Nadal o día 24, con saída da estación de autobuses ás 11:00h e da que esperan moita participación de nenos e maiores.

Non podía faltar neste programa a sección gastronómica, que dará comezo este ano o día 30 de decembro coa degustación da Empanada de Costrelas na súa festa particular. Teremos que esperar a que pasen os días grandes do Nadal para celebrar esta vez, a exaltación do Codillo, festa que terá lugar o 27 de xaneiro do vindeiro 2018, co acto de homenaxeados ás 12:00h e comida popular no pavillón polideportivo ás 14.30h.

O centro de todos os actos programados polo concello rués concéntrase na Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro, da que farán boca os Inchábeis dos que os máis pequenos poderán disfrutar os días anteriores, 3 e 4 de xaneiro, no pavillón do Aguillón dende ás 16:00h ata as 20:00h.

E para compensar os copiosos xantares de Nadal, o concello de A Rúa acordouse tamén do deporte e programou un Torneo de Tenis que dará comezo o día 22 ata o 30 de decembro. Haberá que esperar ate o 28 de xaneiro para asistir ao Campionato Galego de Cross Curto que terá lugar na Área Recreativa do Aguillón.

A literatura galega, protagonista no Nadal de A Rúa