O Sergas dota con tabletas ao personal de hospitalización a domicilio
A Xerencia do Servizo Galego de Saúde en Ourense ven de dotar a todo o persoal sanitario e facultivo das unidades de Hospitalización a Domicilio (HADO) do Hospital Universitario de Ourense, e dos comarcais de Verín e Valdeorras, con tabletas, con conectividade 4G, equipadas cun novo sistema informático, que permitirá acceder «a pé de cama» aos datos clínicos dos pacientes que atenden, así como a súa actualización.
Coa nova dotación de dispositivos que á sua vez contan co novo aplicativo móbil de IANUS - Historia Clínica Electrónica do Servicio Galego de Saúde - cada profesional dispón agora dun medio para incluir nova información de seguimento, en tempo real, así como realizar calquera consulta do historial dos pacientes, directamente dende os domicilios, sempre coa protección e seguridade que esixe o manexo de datos tan sensibles como os de saúde.
Esta mellora tecnolóxica, parte dun dos proxectos innovadores pilotados dende Ourense, que agora se extende ao resto da rede do Sergas. O obxectivo fina é mellorar a operatividade e dar maior libertade de movementos ao persoal que realiza estes coidados a domicilio, xa que ata o de agora, por motivos de seguridade, o acceso a IANUS só podía realizarse dende os ordenadores dos hospitais.
Para coordinar esta atención domiciliaria, os profesionais de HADO comproban que se dan certas condicións: ter un diagnóstico establecido, que o enfermo estea estable, que poida recibir na casa o tratamento que precisa e que se atope nunha situación socio-familiar adecuada, xa que debe haber un familiar que se faga responsable do coidado ao paciente.
O Sergas apunta que máis do 95% dos usuarios desta prestación asistencial están moi satisfeitos coa atención recibida na casa, establecéndose unha relación próxima e estreita cos profesionais, aos que tamén consultan por teléfono calquer dúbida. Ademáis da labor asistencial nos centros sanitarios, o persoal HADO tamén forma e aconsella aos familiares dos pacientes ou coidadores no manexo das distintas situacións dos doentes.
Tamén aclaran dende o Sergas que «como é lóxico, o paciente poderá reingresar no hospital no caso de empeoramento ou de xurdir calquera complicación».
Todos os pacientes ingresados que precisan medios ou longos periodos de estancia no hospital, poden beneficiarse deste sistema, igual que os que acaban de superar unha fase aguda, e crónicos de boa evolución. Ademais destes aspectos clínicos, é imprescindible a predisposición e aceptación, sempre voluntaria, da familia e a adecuación do fogar para a convalecencia.
Para atender aos seus pacientes tódolos equipos de HADO de Ourense contan cun vehículo de transporte propio, para cada un dos equipos formado por médico e enfermeira. En Ourense o Sergas conta con sete equipos, cinco do Hospital Universitario de Ourense, e dous nos hospitais comarcais.
Os equipos do Hospital Universitario de Ourense atenderon o pasado ano a un total de 1.120 pacientes.