O pleno de la DO Valdeorras aproba o emprazamento das mesas electorales
O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, reunido hoxe, decidiu o emprazamento das dúas mesas electorais que se habilitarán o vindeiro 9 de xullo, data na que se celebrarán as eleccións para elixir a nova composición do organismo. A primeira destas mesas situarase na Oficina Agraria Comarcal da Rúa (Velázquez, 2) e a segunda na Oficina Agraria Comarcal do Barco (Casa Grande Vitoria).
Na mesa emprazada na Rúa de Valdeorras poderán depositar o seu voto electores dos censos A, B1 e B2 procedentes dos municipios de Petín, Larouco, O Bolo e A Rúa. Mentres, na mesa situada no Barco farán o propio os electores dos censos A, B1 e B2 procedentes dos municipios de Vilamartín de Valdeorras, Rubiá, Carballeda e O Barco. Nesta segunda mesa poderán votar, tamén, os electores non residentes en ningún dos municipios do territorio amparado. En total, votarán nestas eleccións unhas 1.000 persoas.