viernes. 29.03.2024

Dende o grupo socialista esperan que dende a Xunta de Galicia traballen para evitar a falta deste servizo

O PSdeG-PSOE amosou a súa repulsa ante a falta da UVI-Móbil no Hospital Público de Valdeorras durante 11 días debido a falta de facultativos por mor das vacacións e a carencia de médicos no propio centro sanitario. Por elo dende o grupo socialista piden a Consellería de Sanidade solucións para esta problemática.

Consideran que podería haberse evitado con previsión e unha xestión eficiente. Consideran que a dirección busca recortar servicios na comarca en lugar de solucionar o problema da falta de médicos. Critican tamén que durante estes 11 días de ausencia do servizo medicalizado de UVI en ambulancia a solución que da o Sergas é enviar unha ambulancia UVI dende Ourense, o que provoca que se dupliquen os tempos de atención e traslado dos pacientes estimado en 2 horas.

Para os socialistas valdeorreses a solución para evitar este recorte temporal houbese sido enviar a un médico ao hospital comarcal para deste xeito poder utilizar a ambulancia UVI.

Alfredo García, alcalde do Barco, salientou en Más de Uno Valdeorras, que esta situación non se pode permitir, máis con todos os problemas que pode acarrear para os pacientes. «Ao mellor unha persoa non pode esperar 4 horas» en referencia as 2 horas de viaxe ata o HPV e as outras 2 de volta ao CHUO.

O PSdG-PSOE lamenta a falta de UVI-Móbil durante 11 días no HPV