jueves. 28.03.2024

O deputado provincial do PSdG-PSOE destacou o papel do Goberno central para instalar a fibra óptica en todo o rural, incluído Valdeorras

Aurentino Alonso, deputado provincial na Deputación de Ourense polo PSdeG-PSOE, destacou a labor do executivo central para a instalación de Internet de alta velocidade en todos os puntos de Galicia, incluidas as zonas rurais de Valdeorras.

Dende o 2015 o Goberno está executando un plan para tratar de surtir ao 100% do rural con fibra óptica. Así no 2017 esta chegou aos núcleos de Petín, Valdegodos, Larouco o Vilanova entre outros puntos, pero nestes 2 últimos anos invertíronse 89 millóns de euros -51 millóns o ano pasado e 38 no 2020- para levar a conexión de alta velocidade a máis núcleos. Éntoma, San Vicente, Arcos, Córgomo, O Covelo, Casaio, A Veiga, Quereño, Biobra ou distintos puntos de O Bolo son parte dos pobos beneficiados neste proxecto.

«Se ben nos pobos pequenos e máis complicado, para poder seguir apostando pola Galicia rural e necesario chegar ao 100% dos sitios. O partido socialista sempre apostou polo equilibrio territorial» afirmou Alonso.

Outros dos obxetivos que destacou o deputado a hora da colocación da banda ancha, é o ter as mismas oportunidades que nas cidades, e a opción de acabar ca fenda dixital na educación. Este último punto foi incluído nunha das mocións propostas no pleno da Deputación de Ourense do mes de xullo sendo rexeitada polo Partido Popular.

Nesta última sesión plenaria Aurentino Alonso preguntou ao grupo de Goberno de Jose Luis Baltar polo estado do proxecto da —OU-0807— carretera que leva ata San Vicente de Leira no Concello de Vilamartín de Valdeorras, xa que dende o ente autonómico comprometéronse fai máis de 2 anos ao arranxo da mesma. Por outro lado o deputado solicitou o acceso ao expediente das obras de innivación artificial na Estación de Cabeza Grande de Manzaneda co pretexto de saber se as obras coinciden co previsto no proxecto orixinal. «Estuvemos visitando esas obras e por exemplo nas balsas hai cousas que non creemos correctas».

Se queres escoitar todo o que dixo Aurentino Alonso en +d1 Valdeorras, podes facelo premendo na seguinte ligazón:

O PSdeG-PSOE aposta pola fibra óptica para o equilibrio territorial