O IES Lauro Olmo organiza un ano máis as Xornadas de Educación e Empresa

Nestas xornadas trátase de mostrar o mundo laboral aos estudantes a través de persoas que estiveron antes no seu lugar

Un ano máis o IES Lauro Olmo do Barco organiza as Xornadas de Educación e Empresa para conectar o mundo empresarial e educativo e promover, tamén o empredenemento que no 2021 cumpre 19 edicións. 

Este ano as circunstancias sanitarias non permitiron charlas conxuntas nin actos de inauguración, pero as ponencias e obradoiros e seminarios tiveron lugar nos propios talleres e aulas dos diferentes ciclos.


O programa abarca desde obradoiros de cosmética e coración capilar para alumnado do ciclo de peiteados, experiencias de coaching profesional, ponencias sobre emprednemento empresarial, obradoiros de domótica, xestión de iluminación, clima e domótica ou xestión da enerxía.

Este ano participación conxunta co IES  A Pinguela de Monforte mediante videoconferencia en formación de emprededores.


As ponencias están tendo lugar durante os meses de febreiro o e marzo, xa que as dificultades de mobilidade e desprazamento intermunicipal non aconsellaban concentrar os actos nunha soa semana.

Entre os poñentes encóntranse ex alumnos do centro como Miguel Ángel Díaz Peña, xerente de Domoelectric. Díaz decidiu saltar ao mundo laboral no 2020 como autónomo e a súa propia empresa sobre electricidade e domótica.

Xerentes de empresa de autodiagnose, perriqueiros, coachs profesionais ou mestres do propio centro tamén imparten charlas nas xornadas deste ano.