Moisés Blanco compromete o apoio do PP ás explotacións agrogandeiras ourensáns coa movilización de terras produtivas
06 de febrero de 2017 (09:43 h.)
A necesidade de corrixir a falta de base territorial das explotacións agrogandeiras foi unha das principais demandas recollidas polo parlamentario popular ourensán e presidente da Comisión de Medio Rural, Moisés Blanco, na reunión que mantivo no Concello de Chandrexa de Queixa co alcalde, Francisco Rodríguez, os concelleiros do PP de Trives, Jesús Prieto e Agustín Rodríguez, así como presidente da Asociación de Gandeiros do Macizo Central (Agromacen), Pedro Rodríguez.
Os asistentes ao encontro, celebrado na casa consistorial de Chandrexa, coincidiron en destacar que a ampliación da base territorial é fundamental para garantir o futuro das explotacións, de tal xeito que a súa superficie permita xerar o valor engadido necesario para que sexan máis atractivas de cara a incorporación de xente nova e fixar poboación. Nesta liña, o presidente de Agromacen, que na actualidade reúne a preto de 400 socios, apuntou que xa levan contabilizadas case que trinta novas explotacións na zona, o que da conta do interese existente.
Moisés Blanco, pola súa banda, lembrou que unha das promesas electorais do PP foi facer destes catro anos de mandato “a lexislatura do rural”, polo que comprometeu o apoio do partido desde o ámbito lexislativo para impulsar las reformas necesarias. Así, subliñou que en datas recentes aprobouse no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei do grupo popular na que, precisamente, se instaba á Xunta a completar os instrumentos normativos de reestruturación e mobilización de terra agraria produtiva. “Hai que buscar alternativas ao abandono do campo, un dos nosos grandes potenciais, polo que todos temos que traballar todos xuntos para que as terras sexan produtivas e permitan vivir á xente no rural”, sinalou o parlamentario ourensán.
No conxunto de medidas deseñadas para mobilizar a terra, o parlamentario popular ourensán lembroulles aos presentes outros compromisos do Partido Popular, como os impostos cero no rural “para conseguir explotacións agrícolas e gandeiras coa necesaria dimensión”, citando a eliminación do imposto pola transmisión, permuta o cambio de fincas rústicas; tamén pola agrupación de fincas ou pola transmisión de explotacións.
Modernización tecnolóxica
Outro dos asuntos que se abordaron no encontro foi a modernización tecnolóxica das explotacións, que precisan mellores comunicacións e acceso a internet, cuestións que para os presentes son fundamentais para unha mellor rendibilidade e competitividade das explotacións.
Como portavoz do grupo popular na área de novas tecnoloxías, Moisés Blanco comprometeu o apoio do PP a través de iniciativas no Parlamento de Galicia que complementen as previsións da Xunta de Galicia, que nos próximos anos vai desenvolver o segundo plan de banda longa para mellorar a conectividade dos núcleos de poboación máis pequenos, entre eles os de máis de 250 habitantes.
“Temos que reducir a fenda dixital e conseguir que nas zonas rurais teñan as mesmas condicións de acceso á Rede que nas áreas urbanas”, apuntou Blanco, que apuntou tamén a necesidade de dotar dunha banda ultra rápida ás empresas ubicadas en puntos do rural máis illados”.