A maioría dos políticos valdeorreses que integran as listas estes comicios xa votaron

somoscomarca_elecciones_23J-alfredo_miguel_20232055 (2)
Son tres os partidos políticos que levan a valdeorreses nestas eleccións aínda que só o até o de agora senador, Miguel Bautista Carballo ten opcións a ser elixido 

Agás a popular Joana Rodríguez que é interventora e non depositará o seu voto até que pechen as mesas ás 20.00 horas o resto de políticos da comarca xa votou.

O máis madrugador foi o suplente na lista ás eleccións polo BNG ao Congreso, Roberto Quiroga López que exerceu o seu dereito nada máis comezar o tempo de votacións ás 9.00 horas. Depositou o seu voto na mesa da Rúa Vella.

Alfredo García, integrante da lista ao Congreso polo PSOE, votando en Vilanova

O seguinte en votar foi Miguel Bautista Carballo, que vai de número 2 na lista ao Senado polo Partido Socialista. O senador en funcións —recordar que xa estivo na Cámara Alta durante a lexislatura que remata agora— votou na mesa situada no Teleclub de Petín.  O tamén socialista Alfredo García —alcalde do Barco— suplente ao Congreso polo PSOE votou ás 12.00 horas, en Vilanova.

Os valdeorreses poden elixir aos seus representantes ao congreso e ao Senado nesta xornada atípica para as votacións, onde todas as mesas quedaban constituídas ás 9.10 horas. A primeira era a de Alvarellos (Verín).

Os ourensáns aportarán á cámara Alta e a Cámara Baixa, catro deputados e catro senadores que saíran das once candidaturas presentadas pola provincia a estes comicios.

En Valdeorras son 20.198 os censados con dereito a voto dos cuales  moitos xa exerceron o voto por correo.