jueves. 28.03.2024
El pregón de la Festa da Bica de 2018 estuvo a cargo de francisco Álvarez «Farruco», director del IES Xermán Ancochea de Trives
Pregonero festa da bica farruco director ies xermán ancochea

O director do IES Xermán Ancochea recoñeceu que lles sorprendeu a pandemia, pero fai balance positivo do curso

El IES Xermán Ancochea foi un dos numerosos centros que se viron afectados pola pandemia do coronavirus, xa que tiveron que pechar as súas portas durante máis de dous meses. Ca melloría da situación recuperaron parte da actividade, e xa pensan no próximo ano.

O director do centro, Francisco García "Farruco" destacou que o balance é positivo, estando apunto de pechar o curso, xa que esta semana acaba a parte da docencia, o 23 será a entrega de notas e posteriormente ábrese o prazo para a inscripción de cara ao vindeiro curso. «Foi un curso moi raro, seguramente o curso que ven sexa parecido. A semana pasada chegou un borrador aos centros dunha posible normativa, primeiro faráse a nivel estatal e logo autonómico do desenvolvemento da actividade docente».

As clases comezarán na data habitual respecto a outros cursos, aínda que os IES organizaránse en función dos ratios establecidos por os organismos competentes.

O IES Xermán Ancoechea oferta ESO -con seccións bilingües en todos os cursos-, Bacharelato -ciencias, ciencias sociais e humanidades- e Formación Profesional de Electricidade e Electrónica con FP Básica, Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas e o Ciclo Superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.

No caso de este último este ciclo únicamente ofértase en Ourense e na Pobra de Trives, polo que é un lugar único para estudiar unha modalidade que está en plena expansión, xa que ten moita insercción laboral, traballando a maior parte do alumnado de ciclo aos 6 meses de finalizalo, o 95% faino na comunidade. «Nos temos a sorte de ter a colaboración de varias empresas punteiras que dan a posibilidade de facer alí as FCT, e despois de formar parte do proceso de selección. O alumnado de outros anos están traballando nesas empresas. Outros decidiron emprender, esta familia profesional nos últimos anos está crecendo».

No Barco, concretamente no IES Lauro Olmo, ofértase o Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automática , polo que poden continuar os seus estudos sen ir ata Ourense. «De feito nos vimos constatando que hai alumnado que se despraza da zona de Valdeorras, Viana e ata Quiroga» subliñou o director do instituto de Trives.

Se queres escoitar todo o que dixo Francisco García "Farruco" podes facelo na seguinte ligazón:

Francisco García: «Foi un curso moi raro»