Charla-debate do Anaral sobre a situación da muller na actualidade
A Federación de Mulleres Anaral con motivo do 8 de Marzo organizou unha charla- debate na que se falou sobre a situación da muller na actualidade, incidindo sobretodo na violencia de xénero.
Nela, as mulleres aportaron o seu punto de vista sobre o que podemos facer para millorar esta situación. Posteriormente tivo lugar unha concentración o carón do Monumento en recordo das mulleres asasinadas pola violencia, na que a presidenta da Federación (Milagros Calvo Carballo) leu un manifesto. Este contiña 25 puntos reivindicativos da asociación Ve-La Luz nos que solicita que a violencia contra as mulleres sexa cuestión de estado. A estes 25 puntos a Federación engadiu un mais, que en todas as etapas educativas sexa obragatorio cursar a materia de Igualdade impartida por profesionais deste ámbito.