A Casa Grande acolle a presentación do XXI Filandón de músicas do Caurel

Na mañá do día 31 de xullo, celebrouse na Casa Grande de Viloira a presentación do XXI Filandón de Músicas do Caurel, un evento calificado de interese turístico e cultural, que o 5 de agosto levarase a cabo no contexto da ferrería de Seoane do Courel, provincia de Lugo.

Xose Luis Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, falou do programa deste ano, que conta con moitas actividades, sendo a principal, a recuperación dos cánticos históricos. En especial na zona de Valdeorras, os romances, que viviron na memoria da xente co obxectivo de poñer en valor a civilización do século, e intentar que o mundo rural non desapareza.

Na portada do cartel da programación deste ano aparece una imaxe da estatua do último grindeiro que se conserva. E quérese con todo isto representar o patrimonio que se conservou de xeración en xeración entre as familias cun valor humilde. A boa relación e comunicación durante anos entre Valdeorras e o Caurel, é un dos motivos de reunión dado a busca do mesmo obxectivo por similitude lingüística e afinidade.

O director fai mención a diferentes monumentos que representan a persoas que fixeron algo pola recuperación do filandón como Ilda do Ferreirós ou Elvira Touzo. Ademais de relatar feitos e historias das mesmas e honras con monumentos pola súa importancia no restablecemento.

Este ano hai una invitada especial que é Uxía, que cantará a Uxío Novoneyra que é o poeta do Courel, ademáis de ser un personaxe que marcou a historia. O Caurel non só deu poetas senón que tamén deu personaxes da literatura e músicos como a Orquestra dos Padernes, aqueles a quen tamén se lles fixo un monumento na zona de Paderne.  Declarou tamén que farase una colecta pública neste filandón,  para axudar a pagar o monumento de Riveira de Louzarela dado que non se ten ningún apoio económico e de ningunha administración.

Ademáis do organizador do evento, Xosé Lois Foxo, estaban presentes nesta presentación, o presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, Aurelio  Blanco Trincado, a concelleira de Turismo do Concello do Barco, Irene Dacal, e a técnica de Turismo do Concello do Caurel, Ana Marta. Esta última expresou que «o Concello está para promocionar tanto o patrimonio material como o inmaterial» e mostrou o seu apoio á recuperación de ditos monumentos «xa que senón perderíase moito do noso patrimonio e da nosa cultura», expresou.

Ana Marta, técnico de Turismo do Concello do Caurel

 

Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e organizador do evento