A Biblioteca do Barco regala un libro aos usuarios de menos de 12 anos
A Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán celebrará este ano o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil regalando diferentes libros a todos lo rapaces de menos de 12 anos que este sábado, 1 de abril, se acheguen á biblioteca acompañados dun adulto.
Esta conmemoración ten lugar en todo o mundo o día 2 de abril desde o ano 1967, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o 2 de abril de 1805. Con esta celebración, trátase de promocionar este tipo de lectura,e a biblioteca do Barco súmase á mesma con varias actividades.
Unha delas, la exhibición dunha selección de libros deste autor, estase celebrando desde hai varios días nas instalacións da biblioteca, onde se reservou unha vitrina con este fin.
A outra iniciativa é o agasallo de exemplares dunha selección de libros infantís e xuvenís aos rapaces de ata 12 anos que o sábado acudan á biblioteca, acompañados dun adulto. Esta campaña terá lugar no horario da apertura da instalación (de 10 a 13 horas).