jueves. 18.04.2024

Recordar o papel fundamental das mulleres das aldeas e pobos xornada tras xornada é un dos obxetivos deste día

Este 15 de outubro celébrase o Día Mundial das Mulleres Rurais, unha data na que se conmemora todo o traballo das mulleres dos pobos e aldeas ao longo da historia, sacrificando en moitas ocasións as súas necesidades en prol dos fillos, netos ou polo ben da propia familia.

No 2020 esta situación, sobre todo en canto a precariadade mudou radicalmente, pero as habitantes dos pobos subliñan a persistencia dos machismos na sociedade.

Melisa Macía e nai, empresaria e alcaldesa en Vilariño de Conso, unha vila que é puramente rural. A rexedora, decidiu mudar a vida da cidade, onde ela e o seu marido terían traballo, incluso fora de España no caso de este último, por apostar pola vida de aldea, a pesar das carencias tecnolóxicas.

Actualmente rexentan unha explotación gandeira -continuando co oficio dos pais da gobernante que se xubilaron fai 6 anos- e outra de cultivo de arándanos. Isto ten un único fin, rodearse e vivir da natureza aínda que fose tendo unha vida máis modesta.

Melisa Macía, decidiu apostar pola vida rodeada de natureza

A pesar de todos os avances, Macía, non oculta que a día de hoxe continúa habendo diferenzas de trato debido a condición de ser muller, sobretodo no perfil de alcaldesa. Ela chegou ao cargo no 2017 para sustituir a Ventura Sierra, rexedor durante 3 etapas na localidade, un señor maior e respetable en palabras da alcaldesa, cambiando nese intre a unha muller de apenas 26 anos.

«Pola miña forma de ser vou entrando nesa xente máis maior, máis reacia, nos homes onde hai machismo porque hai que dicilo, pero costa. Actualmente está cambiando a forma de pensar» subliñou Macía.

Melisa transmite que se debe ter unha formación no que a xente lle guste, o que conleva cambiar o rural pola cidade, pero tamén estar a gusto no traballo e saber o que un quere. «A veces parece que as cidades ofrecen máis diversidade, pero no rural vas a ter unhas ventaxas que alí non terás. Costa, pero que nunca se desanimen e tomen como exemplo a outras persoas que conseguiron vivir no rural» destacou.

A actual alcaldesa non se olvida das mulleres da súa familia que criaron fillos, coidaron a casa e traballaron no campo o mesmo ou máis que os seus maridos saíndo a diante. Subliñando que a vida do rural e dura, ninguén regala nada, pero compensa.

Raquel Méndez neste caso aposta pola vida no Concello de Rubiá, e o fai dunha maneira moi diversa, sendo unha muller "todoterreo", sendo a responsable dunha granxa de porco celta na vila -ca que conseguiu o primeiro posto no I Concurso Nacional de Manexo de Porco Celta no ano 2018-, ten un aserradero na localidade e non dubida a hora de sair co camión para facer as tarefas que toquen nese intre.

Así mesmo e concelleira polo PSdG-PSOE na localidade, directiva da Asociación do Porco Celta de Galicia, cazadora -está na Asociación do Corzo español- e espeleóloga no Club Águilas Verdes.

Raquel Méndez, aproveitou este día para reclamar máis medios para os empresarios e habitantes do rural

A parte de reivindicar a importancia deste día, non se olvida de todos os pobos pequenos, nos que ten que lidiar día tras día con todas as trabas, tanto a nivel administrativo como tecnolóxico ou das infraestructuras públicas que recorre a diario segundo destacou.

«Que nos boten unha man, do rural pódese vivir, queren fomentar pero poñen trabas e quítannos todo. Quitan médicos, quitan profesorado, quitan todo». salientou.

Cecilia Fernández é enóloga e empresaria na Rúa, e destaca que a día de hoxe persisten as dificultades por exemplo no día a día respecto aos homes e que a veces non creen cegamente no criterio da profesional vitivinícola.

Fernández destaca que sí, é unha muller rural, pero para ela tamén eran a súa avoa e a nai, que traballaron no campo con moitas dificultades, sen poder abandonar a súa casa, a súa horta. Para a empresaria o seu traballo foi o que propiciou o que conseguira saír, desfrutar, estudar e o poder dedicarse ao que lle gusta. «Tivéronse que adicar ao que a sociedade decía o que tiñan que facer».

Cecilia Fernández e muller do rural, e empresaria, a súa vez agradécelle a súa nai os sacrificios para que ela poidera dedicarse a profesión que máis lle gusta

Ana Álvarez da Asociación de Mulleres Rurais da Veiga, destacou pola súa banda que esperan que no 2021 pódase facer a actividade «Tecendo soños» aberta para todos os públicos pero destinada principalmente as veciñas que fan decoración coa técnica de ganchillo

Cada ano ten un acto principal no mes de agosto pero que por mor do COVID este verán non se pudo celebrar, onde tamén conmemoran o seu propio día da muller rural aproveitando a gran afluencia de xente que acode dende outros lugares para ver as familias ou facer turismo.

Mulleres participantes na última edición de Tecendo Soños na Veiga

«Os fillos ou netos das mulleres que traballaron tanto no campo ou na casa, se non foran por elas non estaríamos onde estamos agora» subliñou a súa vez que afirmou que todos os días deberíase ter en conta a todas as veciñas, que, se ben teñen moito camiño andado aínda queda moito máis.

Se queres escoitar todo o que nos contaron as mulleres rurais, o podes facer na seguinte ligazón:

As mulleres rurais celebran o seu día «con moito camiño por andar»