sábado. 20.04.2024

Trátase dunhas achegas da Xunta de Galicia por valor de máis dun millón de euros buscando tamén mellorar as condicións laborais da minería

Ter unha minería sostible ambientalmente, cunha melloría nas condicións laborais e contribuir a súa vez a que continúe sendo sostible, é unha das premisas para elaborar unha serie de achegas por parte da Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Estas axudas, 2 en total, suman 1,3 millóns de euros, mentres que a primeira das convocatorias está dirixida a empresas que, dentro do territorio da Comunidade, realicen actividades reguladas pola lexislación mineira.

Para este apartado cóntase cun orzamento de 1.016.839 euros e será de concorrencia non competitiva, tendo como obxectivo o de favorecer a aplicación de tecnoloxías innovadoras e implantar as mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contras as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e o ruído, a súa vez buscan o desenvolvemento sostible dun sector que constitúe un importante motor económico como ocurre con Valdeorras.

A axudas destinadas para a mellora da calidade do ambiente atmosférico, conta cunha achega de 300.000 euros. Mentres que no segundo dos obxectivos, trátase de actuacións de mellora ambiental para os traballadore conta cunha axuda máxima de 200.000 euros.

Adicionalmente, tamén se convocan apoios destinados ás empresas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental para incentivar a loita contra as enfermidades profesionais cun orzamento é de 300.000 euros, e tamén se outorgarán en réxime de concorrencia non competitiva cun máximo de 50.000 euros por iniciativa.

O Diario Oficial de Galicia tamén publicou a listaxe das empresas que resultaron beneficiarias das anteriores convocatorias destas axudas. En concreto, a orde de apoios para a loita contra enfermidades profesionais dirixida e empresas do sector mineiro resolveuse cun total de 37 axudas por un importe de 1,4M€.

A Xunta convoca axudas para facer unha minería sostible