viernes. 19.04.2024

As vilas barquenses de Castro, Vilariño e Soulecín celebran a súa festa común

Cando os emigrantes que marcharan a Madrid ou Barcelona retornaban en agosto a Castro, Vilariño ou Soulecín, facían unha festa no Regueiro que se interpón entre eles. Esa é a razón de ser desta nova edición da Romaría do Regueiro, que se celebrará mañá, domingo 28, na ribeira do río Valado.



Aplazada dende este sábado por motivos meteorolóxicos, a esmorga comezará ás 13.30h. A esta hora o Dúo Estrellas comezará a amenizar a sesión vermú.

Logo será o turno do churrasco e do polbo. Así e todo, os romeiros poden levar a súa propia comida. A Romaría do Regueiro pechará ás 19.30h cun baile de tarde no que actuará de novo o Dúo Estrellas, esta vez, como pon no cartel, "ata que o corpo aguante".

Vista de Soulecín desde Castro co regato que divide os dous pobos

Non é a única festa que se celebra en Vilariño, a máis soada é a Festa do Anxeliño, a fin de semana antes do Entroido. ESta festa ten dúas singularidades, a primeira que a imaxe leva un acio de uvas benditas e o rematar a misa os veciños collen un bago para que os protexa das enfermidades e os males. A segunda é pasar por debaixo da imaxe do anxo tres veces, nin unha máis nin unha menos, para que garde a persoa que pasa.

A Romería do Regueiro inundará de festa a ribeira do río Valado