viernes. 29.03.2024

A data de hoxe a media de idade dos 141 afectados e afectadas pola Covid19 na nosa provincia é de 36 anos

En apenas dous meses, a idade media das persoas contaxiadas de Covid19 na nosa Área Sanitaria e provincia reduciuse en mais de dez anos, pasando dos 47.6 , o pasado 30 de abril (con 271 casos activos) a 36 anos hoxe, con pouco mais da metade de positivos, 141, nun rango etario que oscila entre os 6 e os 83 anos.

A este perfil podese engadir que hai unha leve maioría de homes contaxiados, o 56.8%, fronte a mulleres, 61 casos, ou o que é o mesmo o 43.2%. Eso si, a idade media mantense en ambos sexos e a inmensa maioría está a pasar a enfermidade sen complicacións, nin necesidade de ingreso hospitalario.



Segundo os datos recollidos, a data de hoxe os pacientes ingresados só representan o 1,41% dos casos, con dúas persoas ingresadas, unha na Unidade de Coidados Intensivos e outra en planta, ambas no Hospital Universitario de Ourense, manténdose libres de Covid os hospitais públicos de Verín e Valdeorras.

Outra constante que se mantén é que a maioría dos casos concéntranse no concello de Ourense, o 66.6%, 94 casos activos, algo que está a ser unha constante desde o inicio da pandemia, en paralelo co maior volume de poboación. Unha boa nova é que na provincia 71 concellos están libres de casos, e xunto con Ourense tan só catro teén mais de 3 casos, Barbadás con 9, A Merca 7, O Barco de Valdeorras 5 e Verín 4.



Efectividade das medidas e vacinación

Sen dúbida, este cambio tanto na incidencia global, presión asistencial e redución da idade media, está directamente relacionado coa concatenación das medidas de control, a vixilancia epidemiolóxica, os rastrexos de contactos e cribados poboacionais e a extensión da vacinación fronte a Covid19, neste intre avanzando na protección das persoas de entre os 40 e os 49 anos e completando as pautas dos de idades inmediatamente superiores.

A ideda media das persoas contaxiadas baixa mais de 10 anos en apenas dous meses