viernes. 29.03.2024

Este ano tal e como destacan dende a D.O Valdeorras abríuse a participación a todas as adegas da comarca

Este venres conñeceránse os premiados na XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras, nun evento no que participarán arredor de 50 personas extremando as medidas de seguridade para evitar contaxios por Covid-19.

O evento realizaráse no Hotel Pazo do Castro do Barco de Valdeorras a partir das 21 horas, premiando os tres mellores brancos e os tres mellores tintos do ano na comarca, habendo unha mención especia para brancos e outra para tintos doutras añadas.

Dende a D.O. Valdeorras explican os motivos polos que este ano se decidiu facer un acto destas características: “tras os duros momentos vividos polo confinamento, celebrar a Feira do Viño en Viloira non parecía o máis convinte para evitar posibles contaxios e frear a propagación do virus. Por esta razón, pensamos en facer un acto máis pequeño e dimensionado que poña en valor o traballo realizado polos nosos adegueiros e viticultores, que foi declarado esencial durante a pandemia”.

Nesta edición foron un total de 23 as adegas que remitiron mostras para ser avaliadas polos 8 catadores que puideron degustalas, sendo un total de 28 de branco e 29 de tinto, sendo a principal novidade respecto a outros anos que decidiron abrir a cata a todas as adegas da comarca.


Os premiados na Cata Oficial dos Viños de Valdeorras anunciaránse este venres