Vilariño de Conso celebrou a trixésima Festa do Cabrito con 1500 convidados á mesa

Desfile de folións e carozas, concursos e Festa do cabrito no Domingo Gordo

As 11:30 horas do 3 de marzo, a praza de Vilariño de Vilariño de Conso enchíase de xente para escoitar o pregón como antesala ó desfile de folións.

A carroza do folión de Vilariño abriu o desfile

O primeiro en desfilar foi o folión de Vilariño cunha carroza na que se podía ver un castiñeiro, un home asando bullotes e dúas castañas ben gordiñas.

Carroza do Fulión do Val

O seguinte folión que pasou pola praza foi o da Caniceira de Trives. O Fulión do Val levaba tamén carroza, neste caso unha noria, uns bombos e dous bonecos con mensaxes en prol do aproveitamento da auga como: «agora naide limpa as preseiras entón hai que regar desta maneira», ou «O meu home está canso de calcar no terrón a ver se a alcaldesa nos pon rego por aspersión».

Espectaculares gorros do Folión de Mormentelos

O Folión de Chaguazoso cos seus boteiros non deixaron que a xente se meteran no espazo por onde tiñan que tocar os seus e alí fíxose o que eles mandaron.

É duro ser boteiro

Mormentelos cos seus sombreiros de cores e os seus bailes non deixaron a ninguén indiferentes. Moita savia nova neste folión do Concello de Vilariño.

Os das Maceiras de Trives levaban boa gasolina

Os das Terras de Trives foron os seguintes en pasar: Lardeira de Piñeiro, As Maceiras de Trives e o Folión de Chandrexa de Queixa. Cerrou o desfile o folión de Carracedo da Serra.

Fulión da Asociación Cultural de Chandrexa

Tamén houbo un «Photocall» de Entroido para que o que quixese se fixera unhas fotos, que se podían presentar para o Concurso de Photocall. Ao remate do desfile, ó redor das 15:00 horas, un ano máis, celebrouse a XXX Festa do Cabrito, no pavillón polideportivo. Empanada, chourizos cocidos, cabrito a esgalla e bica, regado con viño Albar Mencía da Cooperativa do Barco. Tamén café e licores.

Os máis novos de Carracedo da Serra puxeron toda a súa alma

Onte a tarde tamén houbo ronda de Fulións polas rúas de Vilariño de Conso. Ó remate, na praza do pobo, puídose degustar o tradicional “porco ó espeto”. Concurso de Disfraces e festa a cargo da Gramola.

Estes foron os encargados de por o cabrito nos pratos

Para o Martes de Entroido, queima dos lardeiros, ás 19:00 horas, na praza de Vilariño de Conso e última ronda de Fulión.

Boteiros coa moca

O Mércores de Cinza, remata o Entroido co Enterro da Sardiña. Ás 20:00 horas recorrerase o pobo de Vilariño ca sardiña, a cal despois será incinerada no Toural e un ano máis, a continuación, celebrarase a sardiñada.