viernes. 19.04.2024
Vilariño

Vilariño de Conso fomenta a recuperación do monte queimado

Faránse unhas xornadas de concienciación e restructuración do territorio co fin de devolverlle a vida ao monte

A mediados do mes de setembro o Concello de Vilariño de Conso sufriu unha vaga de lumes que estivo preto de chegar a varios núcleos de poboación habitados, agora apenas 2 meses despois dende o consistorio afánanse a hora de tratar de recuperar o monte quiemado.

Por elo e a través dunhas xornadas de concienciación e reestructuración sobre as zonas incenciadas, tratarán de devolverlle a vida ao territorio. A alcaldesa da localidade Melisa Macía, destaca que pode acudir todo o mundo de forma voluntaria, e ademáis contarán ca colaboración do personal do concello e do Obradoiro de Emprego Terras da Castaña.

Entre os traballos que farán dende o xoves ata o sábado está a prantación de castiñeiros, sementar zonas con centeo do país ou a solta de palla en zonas con pendente, xa que así evítase a erosión e os posibles arrastres que xa se están producindo estos días cas primeiras chuvias do outono.

Non son as únicas novedades que salientou Macía, xa que continúan saneando viais do municipio, así mesmo seguen ca construcción dunha praza no pobo de Castiñeira en colaboración ca Xunta de Galicia e están a facer un mirador nun lugar que a rexedora non quiso desvelar pero «será o máis bonito da provincia».

Construcción da praza no pobo de Castiñeiras. Cedida

Vilariño de Conso fomenta a recuperación do monte queimado