jueves. 28.03.2024
Vilariño

A disparidade do alumnado do colexio de Vilariño de Conso é un valor engadido

Dos nove alumnos cos que conta o centro un é catalán, outro andaluz, e dúas nenas son de Siria

O colexio  de Vilariño de Conso conta este ano con 9 alumnos. Uns do propio concello e outros de procedencia moi diversa: dúas nenas sirias, un neno andaluz e outro catalán. A chegada de dúas novas familias ó municipio fixo que o colexio se mantivera aberto.

Impartindo as clases hai dous mestres fixos, Brais e Felix—o pasado ano só había una profesora— e dous máis itinerantes —só dan clase un día a semana—. Rebeca que é a «profe» de audición e linguaxe vai os martes e o de relixión o venres.

Na fila antes de entrar a clase

O edificio de grandes dimensións reflicte o que noutra hora, foi a comunidade educativa deste concello de menos de seiscentos habitantes que é un dos máis grandes —en extensión (200.000km2)— da provincia. Sala de música, de informática e robótica, de pimpón, de xogos, de billar, biblioteca, ximnasio, dous patios de xogo, horto, comedor, cociña e unha morea de aulas valeiras conforman a estrutura.

Un día cos nenos

do «cole» de Vilariño de Conso

Chegamos ás 8:50 para saber o que acontecía na fila e alí xa fomos coñecendo ós sete nenos e nenas que ese día asistiron ás clases. José Antonio, Uxía, Layane, Emilio, Ismael, Mario e Diego fixeron a asemblea cuxo encargado foi José Antonio —un neno de Sabuguido que acaba de chegar de Estepona, Andalucía— a quen axudou Mario. Na asemblea pasan lista, din os días da semana, miran a quen lle toca facer as tarefas ou o que teñen de comida, tamén o horario das materias. Para rematar contan as historias máis salientables do día anterior.

Na asemblea falaron de Lina a súa cociñeira, dos animais, das tarefas

Na seguinte ligazón poderás escoitar o espazo «Menuda tropa», emitido en Radio Valdeorras Onda Cero o pasado mércores:

A visita ó Foxo do lobo, ó curro do Pío, a escoita da berrea ou a recollida de cogumelos son algunhas das actividades que fan o rematar as clases.

Felix da clase de infantil e 1º de primaria

Dentro da conversa que mantivemos falamos de animais. Emilo un «payés», coma el mesmo se identifica, ten unha granxa con máis de 30 ovellas.Mentres que Uxía ten tamén ovellas, vacas e cochos. Pero sen dúbida quen máis animais posúe é Mario. Sete cabalos, unha egua, 3 cans, cochos e gatos. Tamén vai co seu pai ó monte no verán para ver as estrelas e á caza, iso si o que cazan Mario axuda a cociñalo. Se queres escoitar o que nos contaron dádelle a seguinte ligazón:

As dificultades a nivel académico e de linguaxe no colexio de Vilariño de Conso son salientadas por Rebeca Fernández, unha mestra de audición e linguaxe que se achega todos os martes ó colexio. «Hai problemáticas a nivel académico como a nivel de fala», subliña. «Teñen gañas de aprender a pesar das súas situación», engade. A vantaxe é que o ser un colexio moi pequeno a solución e doada de atopar. Podes escoitar o que nos contou Rebeca na seguinte ligazón:

«É un privilexio

poder traballar nun cole tan pequeno onde todo e moi próximo»

Así de contundente se mostrou  Brais Afonso, responsable de centro do colexio de Vilariño de Conso, ó falar do «seu cole». Afirma que é moi agradable dar clases no centro e que os nenos son case como fillos. Desenvolve dunha maneira óptima o cometido de secretario, director, xefe de estudos e mestre, ser responsable de centro leva implícitos estes cargos.

Agradece o traballo de Felix, o outro mestre do centro, e que estea a tempo completo xa que o pasado ano só daba clase tres días a semana.

A tecnoloxía e a robótica son importantes neste colexio

Os rapaces están todos xuntos en determinadas materias para favorecer a socialización e a cohesión de grupo. Educación física , plástica, ciencias naturais e socias, recreo, educación artística música e  robótica son materias conxuntas e o resto agrúpanse en dúas aulas.Os nenos de infantil e 1º de primaria están nunha clase e 2º, 3º e 4º están noutra.

Respecto os recursos que posúen Brais subliña que: «Nos colexios do rural, como temos pouco alumnado os recursos son máis que suficientes». A robótica e un dos proxectos de libre configuración, traballan en un entorno de linguaxe computacional e están inmersos nas novas tecnoloxías como calquera outro colexio

José Antonio encargado e mario axudándolle durante a asemblea

Afonso é moi positivo ó respecto de ter alumnado tan dispar, «dámoslle a volta á tortilla. Cando outra xente pode ver dificultades en ter diferentes nenos dentro dunha aula; de procedencias totalmente dispares. Nos vémolo como unha riqueza, cada un aporta o seu grao de area e, de todos aprendemos».

Para escoitar a entrevista feita a Brais Afonso preme na seguinte ligazón:

A disparidade do alumnado do colexio de Vilariño de Conso é un valor engadido