viernes. 19.04.2024
Vilamartín

Festa da Madalena e apertura dunha nova exposición de pintura en Vilamartín

Misa, procesión,

festa da escuma e música para o derradeiro día de festa na Rodeleira

No barrio vilamartinés da Rodeleira celebrouse onte a festa na honra á Madalena. Os actos comezaban co pasarrúas a cargo do grupo musical Airiños de Caldelas, a primeira hora da mañá. Logo viría a misa con procesión polo pobo da santa. Xa pola tarde festa da escuma para nenos e nenas de todas as idades e pola noite festa rachada.


Exposición de

pintura ao óleo

Onte, 22 de xullo, tamén se inaugurou unha exposición de pintura de Pepe Prieto «Español», no Centro Cultural Vía Nova. Estará aberta até que pase a festa das covas que se celebran o primeiro fin de semana de agosto. Os cadros expostos de Pepe Prieto tamén se poderán mercar.

Inauguración exposición de pintura Pepe Prieto

A paixón pola pintura de Pepe venlle de cando era alumno da academia de Quid no Barco de Valdeorras. «Esta afección venme desde os 14 anos. Regaláronme na academia os primeiros óleos e alí empecei a pintar cun profesor que tiñamos de debuxo. Como viu que debuxaba ven díxome que tiña que pintar ao óleo. Eu daquela non tiña nin idea que era iso», di Prieto.



Nesta exposición atópanse moitas mariñas «xa que se prestan moi ben para dar colores. Xunto coas flores  é o que máis me gusta pintar», asegura Pepe.

Todo aquel que

queira visitala pode dirixirse á casa do concello, e abrirase aos interesados.

Festa da Madalena e apertura dunha nova exposición de pintura en Vilamartín