Máis de catro mil visitantes na Festa das Covas
07 de agosto de 2016 (01:59 h.)
As 49 covas abertas na vixésima edición da Festa das Covas, celebrada en Vilamartín, acolleron a máis de 4000 visitantes que, a partir das 8:30 comezaron a chegar de todos os puntos da xeografía española, e tamén de outros países de Europa e América.
Viño artesán acompañado de empanada, queixo, bica, ibéricos, foi o que se levaron a boca os que participaron neste evento.
A Asociación de Coveiros de Vilamartín está moi satisfeita do desenrolo desta nova edición da festa, e xa se preparan para a do ano vindeiro