A Volta Ecolóxica congregou a máis de 130 participantes

As festas do San Roque da Rúa Vella acolleron un ano máis a «Volta Ecolóxica» e con esta xa van trinta e sete edicións. Esta singular marcha en bicicleta na que todos os que participan van disfrazados comezou as 19:00 no corazón da Rúa, na praza Cesar Conti, par seguir pola de Fondo da Rúa. Continuaron pola Arnaveca e baixaron pola rúa Brasil para coller a rúa Campogrande que levaría os ciclo turistas disfrazados ata o campo de San Roque onde se repartiron os premios.

Mais de 130 participantes nesta trixésimo sétima edición na que se puideron ver a uns simpáticos sexi bois, romanos, bombeiros, deportistas moi favorecidas, hawaianas, exipcios ou tartarugas, heroes... O certo é que o tempo acompañou e a imaxinación e as corres encheron as rúas sobre dúas rodas.

Pero no foi só a “Volta Ecoloxíca” do que poideron disfrutar os que se achegaron á Rúa Vella xa que na tarde do sábado, 19 de agosto tamén houbo, ás 4 da tarde campionato de tute na praza César Conti, e a partires das 9 e 1 da madrugada, actuación da Orquesta “LA OLA ADN”.

Na xornada do domingo  aparte dos actos litúrxicos, a banda de música “Da Limia” , que tanto gustou o ano pasado, dará unha sesión vermú e un concerto as 7 da tarde a Praza de César Conti. Pola noite actuación da Orquesta VENEZIA.