viernes. 19.04.2024
VÍDEO

Valdeorras bótase á rúa para defender a súa sanidade

Mais de 5.000 persoas asistían hoxe a manifestación que se celebraba polas rúas do Barco para a defensa da sanidade na Comarca.

Con lemas coma, “ Sanidade de segunda Non!,  “Somos unha área!”, "Por unha sanidade pública de calidade" ou "Sanidade Digna" os milleiros de persoas que acudiron a manifestación partiron pouco antes das sete da tarde diante do pavillón de Calabagueiros para rematar na praza do concello. Begoña Dacal, presidenta de Disvalia, Juan Ferreira concelleiro do PSdG do Bolo e Orlando Saavedra, concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde do Concello do Barco dirixíronse os asistentes para darlles a coñecer os motivos da manifestación.

Explicóuselles aos presentes que o que se pretende é defender o área sanitaria do Barco e tamén loitar para que non se leve a cabo o anteproxecto de modificación da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia, que establece a supresión do Barco coma área e crea un distrito.

Á mobilización ademais dos veciños acudiron os alcaldes dos concellos de A Rúa, Petín, Vilamarín, Pobra de Trives, Manzaneda, Viana do Bolo ou O Barco, ademais de membros da política galega como como os candidatos ás primarias do PSdG Juan Díaz Villoslada e Gonzalo Caballero e Olalla Rodil, parlamentaria na Xunta . Tamén asistiron unha ampla representación de políticos e veciños de Monforte de Lemos a quen Orlando Saavedra agradeceu a súa presenza e convidou os asistentes a asistir o vindeiro 8 de outubro a manifestación convocada pola plataforma de Monforte nesta localidade.

Vídeo de peche de manifestación

Valdeorras bótase á rúa para defender a súa sanidade