O Fluvial Barco mantén a posición en Allariz

Na mañá do 20 de agosto o paseo fluvial de Allariz acolleu a  IV Regata da Liga Provincial de Ourense. Ás 11:00 horas deu comezo no río Arnoia a competición, na que participaron case que 200 deportistas. Os benxamíns e alevíns fixeron un quilómetro, dous os infantís e o resto de categorías completaron os catro.

A clasificación xeneral da liga sigue a estar encabezada polo Fluvial Allariz que gañou a proba, a segunda posición é para o Fluvial O Barco que acadou a prata nesta competición, o terceiro posto acadouno o Club Fluvial Avión.

Os trunfos máis destacados do Fluvial Barco a nivel individual foron os ouros de Bernardo Sánchez, categoría Veterano, Miguel Real, Benxamín, Paula Paradelo, Alevín B, Raul Prada, Alevín A, Daniel Rodríguez y Sabela Rodríguez, Infantís B, Jesús Rodríguez y Kissy Torres, Sénior.

[df-caption title="Kissy Torres nun momento da proba" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/08/somoscomarca_piraguas_allariz_2017_08_20-20.jpg"]

A prata obtívoa David Armesto Veterano, Candela Fernández, Benxamín, Juan Fernández, Alevín B, Nicolás Díaz e Iria Ramos, Alevíns A, Uxia Voces Alevín B, Marta López, Infantil B, Sergio Ruiz, Sénior, Saul Rodríguez, Cadete,

O que subiron o caixón na terceira posición foron: Fernando Viso, Veterano, Daniel Núñez, Benxamín, , Iker García, Alevín A, Juan José Rodríguez y Xiana Fernández, Infantís B, Alejandro Corzo, Infantil A, Roberto González, Sénior.

Malia quedar segundos clasificados o Fluvial Barco foi o primeiro no medalleiro con 8 ouros, 9 pratas e 7 bronces.

[df-caption title="Podio por equipos" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/08/somoscomarca_piraguas_allariz_2017_08_20-48.jpg"]

Esta regata coincidiu un ano mais ca  Festa da Empanada que este ano acada a vixésimo cuarta edición. Os rapaces do Fluvial desfrutaron do día coas súas familias degustando este rico manxar. Houbo tempo para xogos, conversar, baño e diversión. Tamén xigantes, cabezudos e música.

A próxima regata provincial desenrolarase na Rúa o vindeiro domingo, 27 de agosto. Respecto a clasificación xeral por equipos non hai nada que facer malia sería convinte que os valdeorreses acudirán a O Aguillón a animar ós deportistas do Fluvial.