Trives recuperou a Romería da Bica coa música tradicional de fondo

Tras varios anos de ausencia decidíuse recuperar esta romería

O mal tempo deixou paso as estampas totalmente solleiras, e iso foi un gran aliciente para que os 20 participantes da Romería da Bica -enmarcada na Festa da Bica- para facer o percorrido.

Este levaba aos participantes ata Cabeza Grande de Manzaneda por camiños e sendeiros de montaña nunha ruta cun total de 17 kilómetros organizada polo Concello de Trives e o Club Montaña de Trives. Aínda que algún participante comentaba a este medio que os seus GPS marcaban algo máis de 18.

Tras a subida a veira do edificio da cafetería de Cabeza Grande os andaríns disfrutaron dunha comida onde había empanada, lacón e tamén froita para recuperar as forzas, todo elo coa música do Certáme Celtibérico de Gaitas de fondo.

Participantes de la Romería da Bica con Valdeorras al fondo

O primeiro día da Festa da Bica tivo dous concertos

O primeiro acto desta Festa da Bica foi o desfile das bandas de gaitas polas rúas de Trives onde actuaron as Bandas de Gaitas e Toxos, Os Trintas de Trives e a Real Xuvenil, xusto antes do pregón a cargo de Victoria Alonso.

De tarde tiña lugar o concerto cas bandas de gaitas Os Trintas e Devalar xusto antes da cea popular que por mor da mala meteoroloxía fíxose no Centro Cultural Santa Leonor.