Na mañá do dezaseis de outubro dábanse cita na Finca da Barreira, en Trives, mais de un cento de corredores e andaríns para afrontar os catorce quilómetros que os levarían a percorrer as paisaxes de outono das terras altas. Desde A Rúa, O Barco, Brión, Coruña, Pontevedra, Ferrol ou Lugo, apuntáronse esta cita coa natureza organizada pola concellaría de deportes da Pobra de Trives.
A saída, cuns minutos de retraso, deuse desde a Finca da Barreira. Os primeiros en saír foron os camiñantes e os dez minutos fixéronno os corredores. Despois de percorrer algunha das rúas da vila como a de San Martiño, Marqués de Trives ou Rosalía de Castro, encamiñáronse cara os lugares de Escuadrio e A Encomenda, seguindo ata Manzaneda polos castiñeiros de Pumbariños, para tomar dirección Sobrado ata A Cabalar y rematar en Trives. De dificultade media que segundo aclarou a este medio o concelleiro da área, Octavio Domínguez, “é apta para todas as persoas que queiran participar”.
Os primeiros en chegar de novo a Trives foron, Jesús Rodríguez León que recorreu os catorce quilómetros en 1’:03”, José Oliver Reboredo chegou un minuto mais tarde e José Alvarez tamén quedou a un minuto do segundo. A parte da correspondente medalla recibiron o doce típico das terras de Trives, una bica. A primeira femia en acadar a meta foi Mónica Rodríguez Ribera, que tamén foi agasallada co doce.
O evento rematou cunha comida na que se degustaron os produtos típicos da terra.