Trives esixe á delegada da Xunta en Ourense a mellora íntegra da OU-636
O alcalde de Trives, Domingo Diéguez, ven de solicitar á delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, a mellora íntegra da estrada OU-636 no tramo entre A Pobra de Trives e Larouco, ou un acceso alternativo ao Barco. Aproveitou o alcalde a visita da delegada na mañá do xoves 25 de outubro, para ver in situ as obras de reforzo do firme da estrada e apremiar aos técnicos a que se active definitivamente o desvío dunha curva próxima a Cabalar, «obra que leva iniciada dende hai máis de 14 anos», aseguran dende o Concello.
Destacan dende o Concello ademáis «a contundencia coa que o alcalde quixo resaltarlle á delegada o abandono desta comarca en materia de infraestruturas e a imperiosa necesidade de que se adopten as medidas oportunas para solucionar o problema de comunicacións que estamos sufrindo na comarca».