jueves. 18.04.2024
Terras de Trives

San Xoán de Río protagonista no III Serán da Seitura

Coplas, cantares de seitura, panderetas, cantareiras, violíns e até un corno celta espallaron o seu son desde a Praza da Igualdade

San Xoán de Río acolleu a terceira edición do Serán da Seitura na tarde do 1 de agosto. Unha vez máis as melodías recollidas polo director da Real Banda de Gaitas e da  Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois  Foxo, puxeron en valor a música dos nosos ancestros e o traballo de campo do director.



É a primeira vez que o Serán da Seitura se celebra en San Xoán de Río, as dúas anteriores edicións foron en Manzaneda. Con este evento quérese divulgar  ‘O Cancioneiro dá seitura de Manzaneda’ que recolle os cantos da diferentes aldeas dos concellos de  Manzaneda,  Trives, San Xoán de Río e Chandrexa de Queixa.

O alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez e o director da Real, José Luís Foxo

Nun escenario «aínda que sinxelo fermosísimo», segundo Foxo;  presidido por unha fotografía de 1932 de Narboiro, « é todo un testimonio da cultura dos lugares e a súa raíz. Temos estes cantares que recollemos neste entorno xeográfico», significou. Non deixou, o director da Real Banda, de recordar no seu discurso inicial a Luzdivina Pérez  Ricoi, de Soutelo, finada en 1917 e  figura central do ‘Cancioneiro dá seitura de Manzaneda’ .

O acto iniciouse coa conferencia de Fernando  Molpeceres, que falou sobre «O feito musical e o folclore», quen alagou o traballo de Foxo. Se queres ver e escoitar esta conferencia podes ver o seguinte vídeo:

https://www.facebook.com/watch/?v=288163035610959

Manuel Méndez Silvelo de Outeiro  do Courel abriu os actos musicais facendo soar o  ‘Corno celta’. Trátase do corno dunha vaca que se usaba para reunir aos veciños, ben fose para convocalos ao ‘Filandón’, a unha festa, sacar ás ovellas ou a calquera outra finalidade que requirira xuntanza.



 Jacinta Fernández Alonso de  Lentellais (O Bolo), compuxo unha copla dedicada ás vítimas do coronavirus e logo un canto de seitura. Fiuca de San Fiz e Digna de  Cotarós,  interpretaron a dúas voces temas do Cancioneiro de Seitura.

Tatiana Costomaroba e o seu fillo Miguel interpretando Negra sonbra ao violín

Con Paula e Nico, gaiteiros da Real Banda deuse paso a xente nova . Tras eles as cantareiras da Real, «cantareiras novas que transmitiron unha parte importante desta tradición musical», subliñou O director.

Tatiana Costomaroba e o seu fillo Miguel renderon homenaxe ás vítimas do coronavirus coa interpretación de Negra Sombra ao violín. Foxo compuxo unha melodía inspirándose nos cantos medievais. «Unha melodía sencilla que conserva o sabor medieval co sabor de Galicia, que é o que pretendemos. É un cántico á xente que sofre», explicou Foxo. Os violíns de Tatiana e Miguel e as cantareiras da Real interpretaron  un fragmento do ‘Cantar dá primavera’ que a Real Banda de Gaitas estreará na catedral neste nadal.



A derradeira actuación estivo a cargo de Marco Foxo e Daniel Castiñeiras quen ao son das súas gaitas se uniron as cantareiras da Real Banda. O acto rematou entoando o himno Galego.

Recordar que segue aberta ata o 15 de setembro a exposición de  cornamuisas primitivas.

Se queres ver e escoitar as actuacións mira o seguinte vídeo:

https://www.facebook.com/watch/?v=715844945642433

San Xoán de Río protagonista no III Serán da Seitura