lunes. 26.09.2022
Terras de Trives

Os veciños de Manzaneda acompañaron ós Reis Magos polas rúas da vila

Inchables e actuación

do Mago Nico para tarde da véspera de Reis

Os veciños de Manzaneda acompañaron ás súas maxestades os Reis de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar polas rúas da vila. A saída da carroza, un ano máis, desde o pavillón polideportivo situado ó carón do colexio público. Logo baixada pola rúa do Pendón até chegar a praza de Gabino García, onde a comitiva colleu cara a Residencia da Terceira Idade. Tras visitar ós residentes  e darlles uns caramelos a carroza real cos tres Reis Magos trasladábanse até o espazo de lecer onde houbo un espectáculo de maxia protagonizado polo Mago Nico.

Non foi esta a única actuación que houbo neste tempo de Nadal en Manzaneda, días atrás un grupo de acordeonistas actuaba na residencia de maiores. Os nenos ademais puideron desfrutar no pavillón de inchables .

Comentarios
Os veciños de Manzaneda acompañaron ós Reis Magos polas rúas da vila