viernes. 29.03.2024
Terras de Trives

Os alumnos da escola de música de Trives ofreceron un festival de fin de curso

O auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives encheuse de espectadores que foron escoitar ós alumnos da escola de música

O venres 21 de

xuño, a Escola Municipal de Música da Pobra de Trives, celebraba no auditorio

Julio Vázquez o festival de fin de curso. Actuaron os alumnos de guitarra,

piano e tamén a rondalla.

Os primeiros en saír ao escenario foron, precisamente os alumnos de guitarra. Interpretaron cada un a súa peza musical e tamén xunto a outros compañeiros, formando dúos e tríos.



Logo veu chegou o

turno dos pianistas, os cales tocaron sos e tamén a catro mans. Por último   e como

peche a este festival de fin de curso todos a unha, tanto profesores coma

alumnos, interpretaron a canción, Vivo

por ella.

No auditorio Julio Vázquez ouviuse unha gran ovación para este músicos que quixeron demostrar a familiares e amigos todo o aprendido durante o curso.

Fotos cedidas


Os alumnos da escola de música de Trives ofreceron un festival de fin de curso