O Entroido de verán en Trives, non deixa indiferenza

A Asociación Cultural A Caniceira de Trives organizou unha nova edición do Entroido de Verán, e con el numerosos eventos nos que participaron tanto nenos como maiores.

No campionato de billarda do día 12, os campións foron, Pablo Alonso y José Rodríguez. En feminino Gisela Vega. Por outra parte, en el bando infantil ganaron Adrián y Leila Pérez.

Entre os 3 primeiros quedou de campión absoluto Pablo Alonso.

Por outra parte, No mercado de artesanía realizado no casco vello do concello, houbo diversos postos que ofrecían comida, complementos, xoguetes ou roupa típica da época. Nese mesmo día os visitantes tamén disertaron de cantos de Taberna e pasacalles da Banda de Gaitas Os Trintas de Trives.

Na noite do día 12, o concerto Dos Iñigos fixo que a praza quedase pequena. Un exitoso concerto onde máis dun grupo animouse a ir disfrazado.

Ao día seguinte, 13 de agosto, volveu abrir o Mercado de Artesanía, e de seguido, animou aos máis pequenos o grupo "Ocio Infantil máis que Brincos" que comezaba os seus obradoiros de tatuaxes, globoflexia e pinta caras.

Xa pasada a 13:00 do mediodía, as Macizas Centrais puxeron a parte musical na sesión vermú facendo gozar ao numeroso público asistente nas terrazas e rúas do casco vello de Trives.