viernes. 29.03.2024
Terras de Trives

Catro cañóns de neve artificial xa funcionan na estación de Manzaneda

Catro dos 29 cañóns de neve que forman parte do novo proxecto de innivación artificial da estación de montaña de Manzaneda foron onte inaugurados pola secretaria xeral de Turismo, Nava Castro, acompañada polo presidente da Diputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar. Este último apuntou que será “despóis do verán” cando a obra esté completada para así “afrontar unha nova tempada de inverno, a primeira, contando con esta nova tecnoloxía”.

A secretaria xeral explicou o motivo da visita á estación de Manzaneda,“imos a ver a instalación dos primeiros cañóns da obra que temos prevista que ten como obxectivo manter a neve canto máis tempo mellor”. Insistiu Nava Castro en que “desta forma se vai a facilitar esa tempada máis alongada para poder atraer a turistas de Galicia, doutras comunidades cercanas e tamén do norte de Portugal”.

Nun contexto cuberto pola neve e rodeados de vehículos dos visitantes que xa se achegaban á estación para disfrutar da apertura de pistas nesta fin de semana, falou Manuel Baltar dunha “aposta sen parangón por esta comarca e por Galicia”, feito que sitúa a Ourense “como referente do esquí pero tamén como referente de alta montaña”. Según o presidente do ente ourensán, esto é algo que “non está ao alcance doutras provincias” polo que hai que apostar con contundencia. Facía así referencia á cita da próxima semana na Feria Internacional de Turismo FITUR “na que falaremos das bondades e excelencias en materia de turismo de este territorio que eu creo que son moitas”.

A ejecución da obra suporá, na súa totalidade, unha inversión de 6.180.484 euros, dos que a Xunta e a Diputación aportarán 3.000.000 euros.

Catro cañóns de neve artificial xa funcionan na estación de Manzaneda