O segundo dos sendeiros nocturnos levará ós camiñantes, ó longo de tres quilómetros, desde A Pena Folenche até Os Sequeiros
Este mércores, 7 de agosto, Os Sequeiros serán o escenario do segundo dos «Sendeiros Nocturnos» do programa de verán do Concello da Pobra de Trives.
Esta ruta circular de aproximadamente 3 quilómetros de lonxitude, porase en marcha ás 21:00 horas desde A Pena Folenche cara Os Sequeiros. «O grupo de participantes, en todo momento vai acompañado dun guÃa e do operativo de Protección Civil», aseguran desde o Concello.
«Ao longo da ruta iranse sucedendo distintas personaxes ata chegar aos Sequeiros onde a gran protagonista será a Bica de Trives. A viaxe continuará coa aparición de máis personaxes e sorpresas nas paraxes do Val de Navea, camiñando hacia o remate da ruta», din oscoordinadores.
Desde a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodo e, por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal. O prezo da actividade son 3€. Para máis información e inscrición —prazas limitadas, máximo 100 persoas— deben dirixirse á Oficina de Turismo 988 33 09 67)
Este mesmo percorrido tamén foi o elixido para por en marcha a primeira «ruta de sendeirismo familiar» que se levou a cabo o pasado mércores, 17 de xullo. Neste caso, os sendeiros andivéronse de dÃa e, ademais de mergullarse na natureza , nenos e maiores coñeceron o funcionamento dos sequeiros e desfrutaron das paisaxes do val do Navea. Daquela desde o Concello significaban: «Son unhas rutas de dificultade baixa enfocadas en dar a coñecer a nosa montaña e as nosas paisaxes, a través de rutas sinxelas intentando chegar a todos os públicos», sinalaban desde o concello.
Nesta ocasión os sendeiros patearanse a luz das estrelas e da media lúa —o satélite da terra atópase en cuarto crecente nesta data— descubrindo a maxia e o encanto de camiñar entre árbores cos sons da noite presentes.
A outra ruta de sendeirismo familiar, organizada polo Concello da Pobra de Trives, realizouse o 31 de xullo. Esta levou ós seus participantes pola Cabalar. Seis quilómetros de dificultade baixa por sendeiros á beira do rÃo e mesmo pola vila na que descubriron parte da historia de Trives o pasar pola Fábrica de Chocolate.