viernes. 29.03.2024
Terras de Trives

Andar, correr e pintar pola lingua galega en Trives

Unha Ruta de Sendeirismo Familiar abría os actos conmemorativos da celebración das Letras Galegas en A Pobra de Trives no día de onte, 17 de maio. Cuatro kilómetros de percorrido no que puidéronse escoitar lecturas de poesías e obras da homenaxeada deste ano, Mª Victoria Moreno. O percorrido remataba na Biblioteca Municipal onde puido verse unha exposición de Libros e máis un obradoiro organizado pola Oficina de Turismo da vila.

As actividades continuaron despóis, xa pola tarde, con outro obradoiro «Pintar en Galego...mola!!», no Parque da Praza de Abastos. Os participantes continuaron coa actividade iniciada xa fai un ano de pintar no parque enchendo o muro coas palabras galegas máis fermosas, mentres que os máis pequenos fixeron os seus propios murais de papel en galego.

O programa, que comezaba o mércores 16 coa carreira Correlingua que fixeron os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, pecharase esta tarde de venres 18 de maio coa presentación no novo traballo do músico e compositor Magín Blanco, Camiños, un espectáculo musical adicado ao público infantil e xuvenil. O concerto será ás 20:00h. no Auditorio Julio Vázquez, e a entrada é de 3€ (para nenos e nenas entre 0 e 2 anos de idades, a entrada é de balde). As entradas poranse á venda media hora antes do concerto, no propio Auditorio.

Andar, correr e pintar pola lingua galega en Trives