O Xabarín protagonista na festa celebrada en Rubiá
24 de julio de 2016 (02:24 h.)
Co xabarín como prato principal celebrouse en Rubiá, na tarde noite do 23 de xullo, a oitava edición da festa degustación do saboroso manxar.
Mais de 600 comensais reuníronse en torno a un prato de xabarín cociñado nun gran pote de cobre, preto da praza do concello onde se desenrolou o evento.
En torno as nove da noite a xente amoreábase na entrada ó recinto, onde estaban as mesas, para comer empanadas variadas, xabarín caldoso, doces e xeado. O remate da comida baile e tamén inchables para os rapaces. Ca entrada sorteouse entre os comensais unha cadea musical e un xamón. Como agasallo o vaso e o prato de barro.
Unha gran queimada puxo fin á festa e deixou emprazados os que alí se reuniron a formar parte do evento para o ano que ven.