Máis de 500 persoas na IX Festa do Xabaril en Rubiá

Na tarde noite do sábado 22 de xuño, a praza do concello de Rubiá acolleu a máis de 500 persoas que quixeron saborear o xabaril da novena edición desta festa. Somos Comarca falou con dúas das organizadoras, Tatiana García e Amaya Franco, nos días previos, e contaron a este medio as súas impresións previas á celebración desta xuntanza en Rubiá.

SOMOS COMARCA: Contádenos, temos festa rachada o sábado en Rubiá…

FESTA XABARIL: Trátase da novena Festa do Xabaril, é unha das mellores festas. Comeza este sábado ás 21h., na Praza do Concello.

SC: ¿Cal é o programa?

FX: Comeza ás nove da noite. Vamos a ter de menú, como outros anos o xabaril caldoso, o prato estrela. Teremos ademáis, empanzadas variadas, doces caseiros e xeado.

SC: Y despois festa…

FX: Moita festa. A cea xa vai a estar amenizada polo grupo de gaitas Os Parrandas. A diversión está asegurada. Unha vez rematada teremos unha queimada e unha discoteca móbil.

SC: ¿Qué prezo teñen as entradas?

FX: A entrada son dez euros, ademáis da cea inclúe un prato e un vaso de barro. Temos inchables gratis para nenos de tres a dez anos. Tamén, coa entrada optarase a agasallos.

SC: ¿Cómo funcionará a entrega de agasallos?

FX: Coa entrada a festa efectuarase un sorteo dunha viaxe de fin de semana, na que ti podes escoller o destino. Como segundo agasallo temos un xamón.

SC: Estamos xa na novena edición, ¿cuánta xente acudiú a cita outros anos?

FX: O ano pasado foron 550, esperemos que este ano sexan unhas poucas máis

SC: ¿Ónde podemos mercas as entradas?

FX: En calquera establecemento de Rubiá, e en O Barco, en Carnicería Carlos. É recomendable compralas con antelación para evitar colas.

SC: ¿Cántas personas estades detrás deste evento?

FX: Somos 5 persoas, temos unha boa organización. Ás veces é mellor ser menos é bos, que moitos e malos.

SC: ¿Cómo naceu esta festa?

FX: Empezamos sendo trinta e cada ano foi aumentando ata chegar ós 550 da pasa edición.

SC: É cunha evolución mol grande…

FX: A verdade é que sí, a xente queda mol contenta e sempre quero repetir

SC: ¿Por qué esta carne?

FX: Temos no pobo varias peñas de cazadores. No momento no que se falou do nacemento deste evento estaban presente, é por iso que se escolleu este prato.