viernes. 29.03.2024
Petín

Valoración moi positiva da Feira de 1812 de Petín

Valoración positiva por parte da organización de sétima edición da Feira de 1812 celebrada en Petín o 23 e 24 de xuño. Recordamos que a data inicial era a do 8 ao 10 de xuño pero, o mal tempo e as predicións de intensa choiva fixo que se aprazase para a pasada fin de semana.

 

 

Si a primeira data estaba marcada polo frío e a choiva, na da celebración — 23 e 24 de xuño—, o protagonista foi o calor —ata 38º marcaron os termómetros—, isto unido a gran cantidade de festas y eventos que houbo pola comarca fixo que a afluencia de xente fose menos. Ademais varios dos espectáculos previstos, tropas napoleónicas, actuacións musicais, concentración de cabalos y ate unha banda sorpresa moi singular, non puideron ser polo cambio de data. Malia todo os bares da praza petinesa e a propia cantina funcionaron moi ben sobre todo o caer o sol, cando a calor daba unha tregua e deixaba asomar os fociños.

 

 

Para Amancio Díaz da organización «todo estivo moi ben na medida das circunstancias nas que se tivo que facer. Damos as gracias a todos os que se achegaron nestes días a Petín e sobre todo os que puxeron os postos e sobre todo os membros de Protección Civil que axudaron a que todo saíse ben».

 

 

Raquel María Bautista da Asociación Fonte Grande,  unha das encargadas da cantina situada dentro da carpa, afirma «Creo que fue una de las mejores ferias, repartimos más de 400 raciones de churrasco, en los tres días que estuvo abierta la cantina. Además (se ríe) debió ser por el calor, se consumió mucha bebida, cervezas y refrescos sobre todo». En canto aos postos asegurou que se colocaron ao redor de 50 e os que aguantaron ata que a calor deixou de apretar foron os que máis ventas tiveron.

 

 

Hai que significar que entre as principais atraccións da feira estivo a exposición de cervexas na «Corte do Macho», onde Javier López «Parra», colecciona desde hai 40 mais de 5.100 recipientes de 62 países de todo o mundo. A que máis lle gusta, un «botellín» de Heineken con unha dedicatoria persoal y, a máis antiga, un tonel de cervexa artesán «El Águila» de Madrid.

 

 

Os bois de Mario, os bonsais de Lázare e Dani, as tallas de madeira de Torino, o posto de xoias feitas con cápsulas de café de Castora, o de cousas de lousa, e a exposición de Radios de Cristal no forno da Veiguiña na que puidemos ver e escoitar as radios da colección de Ignacio Rodríguez foron outros dos atractivos da feira.

 

Valoración moi positiva da Feira de 1812 de Petín