Petín honra o seu patrón
Festas de Santiago, San Xaquín e Santa Ana, os tres santos os que Petín dedica as súas festas.
O patrón, Santiago, recorreu o día da súa festividade, o 25 de xullo as rúas petinesas; Carreira, Veiguiña, Placer, Vilaboa, Praza Dr. Quiroga e a da Igrexa, pero sen dúbida o que lles gusta ós petineses por riba de todo e a xarana.
Comezaban o venres 22 ca derradeira actuación da Sonora Petinesa, nunha praza ateigada de xente coreando cancións dos setenta aos ochenta, o 23 eran Son do sil e os grupos Clon Bois, Los Íñigos e Blue Star Group quen facían soar a música na praza. O domingo a sesión vermout e a festa da tarde e a noite correron a cargo da orquestra Pontevedra y o luns Venezia.
Os que se achegan a Petín nestes dias festeiros gostan de escoitar a música na praza o mediodía, na sesión vermout, tomando un viño da terra, a tarde bailar os pasodobres e a noite, a noite, dárlle ó corpo ata que rache. Tamén hai lugar para os xogos dos nenos, os campionatos de tute e os de brilé. O 24 festivo local para celebrar o día da patrona Santa Ana. Así é Petín e as súas xentes.
Cas de Petín ábrese o período estival festeiro na comarca, que remata coas do Cristo do Barco.