Os nenos de Petín conquistan ó público
Pasaban as dez da noite cando os rapaces comezaron a desfilar pola pasarela instalada na praza do pobo. Entre vítores dos familiares e veciños os nenos collían confianza no escenario e pouco a pouco ían amosando a súa vea máis artística. Entre viravoltas e bailes os nenos descubrían a un atento público que inda que pequenos o seu potencial é ilimitado.
Carmela, Fernando, Meritxell, Lucía, Graciela, Sheila, Lara, Paloma, Izan, Tegra, Pedro, Sara, Manolo, Lucas, Julia, Carla, Carlos, Simón, David, Isaac, Leo, Julio, Sainza, Lía, Iago, Iris, Xiana, Lois, Clara... 29 nenos en total amosaron o seu talento nunha noite dedicada a eles. Eles eran os protagonistas xa que o obxectivo da actividade era sinxelo, que eles fosen por unha noite as estrelas. Horas de ensaios entre risas e diversión fixeron tamén que entre eles se establece o comezo de, esperemos, boas amizades.
Coa axuda das mamás e papás e de diversos voluntarios que se ofreceron para levar a cabo a actividade o desfile foi un rotundo éxito.¿Estaremos ante o futuro das pasarelas mundiais?