Freixido celebrou un xantar popular como antesala á festividade de san Xosé

Máis de cen persoas reuníronse en Freixido para dar o pistoletazo de saída a primeira festa do ano na Comarca

O San Xosé marca

o inicio da tempada de festas na comarca de Valdeorras. Os veciños de Freixido

comezaron hoxe a festa na honra do santo reunindo en torno a un xantar popular

a máis dun cento de veciños e xente achegada de toda a contorna. O menú estivo

composto por entremeses variados: chourizo, salchichón, queixo ou xamón, para

ir facendo boca. Logo churrasco coa súa carne grellada, chourizo e panceta. De

sobremesa doce e para rematar café e licores.

O luns continúa a

festa co baile e verbena a cargo do grupo Ritmo. O martes día do santo, xa de

mañá alborada co grupo de gaitas Airiños da Portela que acompañarán coa súa

música a procesión. Despois da misa sesión vermú co grupo ritmo que tamén

amenizarán o baile da tarde.

Non faltarán os

xogos populares, o campionato de tute e os fogos de artificio. Como reza no

cartel anunciadora da festa: «A comer, bailar e gozar que o mundo aquí vaise

quedar».